| |
A Zona
Nas proximidades poden realizarse
paseos a pé ou en bicicleta, nos que se gozará da
frescura dos moitos e pequenos vales interiores, tapizados de verdes
prados, regados por centos de regueiros nos que abundan bosques
con especies autóctonas: carballos, sobreiras, ... Poden
descubrirse interesantes zonas húmidas coma a Lagoa de Olives,
ou contemplarse desde o miradoiro da Rocha a grandiosidade do val
do Ulla abríndose cara a Ría de Arousa. Tamén
se poden visitar nestes paseos os pazos de Oca e o da Mota ou igrexiñas
románicas, ...
 |
|
En paseos máis longos,
nos que é recomendable utilizar coche, pódese
gozar coa fervenza do río Toxa (afluente do Deza) e a
súa área nas proximidades do Mosteiro de Carboeiro.
Nas beiras do Ulla ofrécese a impresionante e agreste
natureza de San Xoán da Cova ("Gundián"),
a encantadora paraxe das illas de Ponte Ledesma con ponte románica
incluída. Nos días claros a cima do Pico Sacro
constitúe un miradoiro privilexiado sobre as terras de
Santiago. Cara á Terra de Montes atópanse o mosteiro
de Acibeiro, na aba da serra do Candán, e as fontes dos
ríos Lérez e Umia. |
Nesta zona tamén se poden practicar
deportes de aventura como rafting, piragüismo, ...
Os que veñan á Casa Grande
de Vilanova terán a oportunidade de visitar a monumental
cidade de Santiago de Compostela (a 24 Km), patrimonio da Humanidade
e referente cultural e simbólico para Galicia e para o occidente
europeo.
Tamén é fácil desde
Vilanova (Remesar) facer unha escapada ás rías galegas:
Arousa, Pontevedra, Noia, Vigo, ...
Desde a Casa Grande de Vilanova
Distancias aproximadas desde a Casa Grande
de Vilanova:
Á Estrada: 8 km
A Santiago: 24 km
Á Coruña: 84 km
A Pontevedra: 50 km
A Vilagarcía de Arousa: 40 km
A Vigo: 80 km
A Lalín: 35 km
A Lugo: 100 km
A Ourense: 87 km
|
|