| |
As Habitacións
Dispón de 8 habitacións dobres,
todas con baño, calefacción, televisión, radio
e teléfono. Nelas pódense poñer algunhas camas
supletorias e berces, xa que os nenos son benvidos.
A Biblioteca e o Salón Social
A casa ofrécelles aos seus usuarios
unha biblioteca ben dotada, na que destacan obras dedicadas ás
artes, á literatura, ánatureza, ... e a todas as temáticas
referidas a Galicia.
Especialmente acolledor é o salón
social no que chama a atención a lareira e unha monumental
cheminea en pedra, e no que se pode descansar e conversar comodamente.
A Piscina
 |
|
No exterior conta cunha
moderna piscina de case 18 m de longo, cun contorno preparado
para tomar tranquilamente o sol. O conxunto da finca (de máis
de 13.000 m2) ofrece amplos espacios e variados recantos. Destacan
as vistas ao val do río Ulla co Pico Sacro ao fondo. |
Outros Servicios
A casa ofrece a todos os
clientes servicio de almorzo e para quen o encargue comidas e ceas,
e servicio de lavandería. Existe a posibilidade de acoller
animais de compaña, sempre que non estorben o descanso dos
usuarios.
Conta cun amplo e cómodo aparcamento
no exterior.
Servicios gratuitos para os residentes: utilización de
bicicletas e uso da piscina.
|
|