|
|
Características
A Casa Grande de Vilanova
é unha fermosa construcción de hai máis de 200
anos, acabada de restaurar para o turismo rural, combinando o respeto
á súa historia e as actuais esixencias de funcionalidade
e comodidade. Así, como exemplo, en toda a planta baixa suprimíronse
as barreiras arquitectónicas.
Como chegar
Desde
a estrada N-525, que une Santiago con Ourense, en Loimil nas proximidades
da gasolineira e do restaurante "Emigrante" (entre o punto
kilométrico 315 e 316), hai unha desviación cara o
centro de Loimil que segue á parroquia de Remesar. En Remesar,
á altura da igrexa xa se divisa a Casa Grande de Vilanova,
e chégase a ela tomando tres desviacións seguidas
á esquerda.
Desde a estrada N-640,
que vai de Chapa á Estrada e a Pontevedra, na Pena do Foxo,
nas proximidades do Restaurante "Cazador" (entre o punto
kilométrico 195 e 196) hai unha desviación que vai
dar a Remesar, pasando por Agar. Desde a igrexa de Agar tamén
se divisa a Casa Grande de Vilanova, e pódese chegar xirando
á esquerda á altura da mesma igrexa e despois unha
á dereita na 4ª desviación e outra vez á
esquerda na 1ª desviación. stá situada na parroquia
de Remesar (A Estrada - Pontevedra).
Información
Casa Grande de Vilanova Remesar A Estrada - Pontevedra
Telf: 986 688216 - 667 488953
Fax: 986 688216
Email: info@casagrandevilanova.com
|
|